XX Festa da Solidariedade
Data: 10/09/2011
Hora: 11:00
Lugar: Praza do Obradoiro - Multiusos do Sar
A data da festa é o 10 de Setembro e o programa de actividades para este día é o seguinte:
11:00 Concentración na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela 12:00 Misa do Peregrino na Catedral de Santiago de Compostela 14:00 Xantar conxunto no Pazo Multiusos de Sar (Santiago de Compostela)
COMO TODOS OS ANOS HABERÁ VENDA DE REFRESCOS
15:30 Representacións artísticas por parte dos usuarios/as dos distintos centros 18:00 Recollida e fin de festa.
Coma sempre, escusamos dicirvos a importancia de que: familias, amigos, terapeutas, socios colaboradores, voluntarios, altas terapéuticas...... ¡QUE NON FALTE NINGUÉN!
IMPORTANTE: Haberá servizo de autobús desde os distintos centros de Proxecto Home Galicia para asistir a Festa da Solidariedade. Este servizo terá un custo de 10,00 €, debido a que a situación económica da Asociación non permite asumir a totalidade do custoso gasto de transporte ata Santiago. Animámosvos a todos a empregar este servizo, posto que facilitaría moito o acceso ó Pazo Multiusos de Sar, xa que despois da misa, os autocares nos recollerían en Xoán XXIII (a 200 metros do Obradoiro). É necesario que vos inscribades nos distintos centros para o uso do autobús. Para máis información poñédevos en contacto con calquera dos centros de Proxecto Home Galicia (consultar apartado CENTROS nesta web).

Documentación:
Mais información e Mapa orientativo
|