XXIV Festa da Solidariedade
Data: 12/09/2015
Hora: 10:00
Lugar: Praza do Obradoiro - Multiusos do Sar
Esta vixésima cuarta edición, terá lugar en Santiago de Compostela e ten unha relevancia moi especial ao coincidir co XXV Aniversario de Proxecto Home Galicia.
Grazas á inestimable colaboración do Excmo. Concello de Santiago, desenvolverase no Multiusos “Fontes do Sar”.
A data da festa é o 12 de Setembro e o programa de actividades para este día é o seguinte:
10:00 Concentración no Monte do Gozo e andaina ata de Santiago de Compostela 11:30 Encontro na Praza do Obradoiro, benvida e lectura do manifesto 12:00 Misa do Peregrino na Catedral de Santiago de Compostela e ofrenda ao Apóstolo 14:00 Xantar compartido no Multiusos “Fontes do Sar” COMO TODOS OS ANOS HABERÁ VENDA DE REFRESCOS 15:00 Xogos para os nenos asistentes 15:30 Proxección de vídeos do XXV Aniversario de Proxecto Home Galicia 16:00 Actuación de Manuel Lassa (ex cantante de “Los Tamara” e de “Los Duendes”, acompañado ao piano por Alfonso Galbán (ex director de “Los Duendes”) 16:30 Actuación de Sonia Lebedynski (interprete galega de música folk) 18:30 “Zafarrancho” ecolóxico e fin de festa
IMPORTANTE: Haberá servizo de autobús dende os distintos centros de Proxecto Home Galicia. Terá un custo de 10,00 € por persoa. Animámosvos a todos a empregar este servizo, posto que facilitara o acceso ao Multiusos “Fontes do Sar”. É necesario que vos inscribades nos distintos centros para o uso do autobús. (Se non se completa o autobús non se poderá contratar o servizo). Para máis información poñédevos en contacto con calquera dos centros de Proxecto Home Galicia: - Santiago: Rúa Cottolengo 2 ** Tlf. 981 573 020
- Vigo: Avda. Ramón Nieto 245 ** Tlf. 986 374 646
- Ourense: Pazo de Guizamonde s/n ** Tlf. 988 371 192
- Lugo: Rúa Miño 14, Baixo ** Tlf. 982 202 693
- A Coruña: Rúa Ocaso 2 – Bastiagueiro – Perillo (Concello de Oleiros) ** Tlf. 981 295 432
- Pontevedra: Rúa Joaquín Costa 64 ** Tlf. 986 855 151

|