XXVIII Festa da Solidariedade
Data: 14/09/2019
Hora: 11:00
Lugar: Santiago de Compostela
Como cada ano, convocámoste á Festa de Solidariedade. Nesta vixésimo oitava edición, terá lugar en Santiago de Compostela. OLLO PORQUE HAI MOITAS NOVIDADES !!!!!!
A CONCENTRACIÓN será na Praza do Obradoiro, no emprazamento que estará indicado.
A MISA DO PEREGRINO, por mor das obras da Catedral de Santiago, será na Igrexa dos Franciscanos.
Este ano, grazas á inestimable colaboración do Excmo. Concello de Santiago, o XANTAR CONXUNTO terá lugar no Pavillón Municipal “O Restollal” (Rúa de Emilio e de Manuel nº 2), ao carón do centro de Proxecto Home. A data da festa é o 14 de Setembro, e o programa de actividades para este día é o seguinte:
11:00 Concentración na PRAZA DO OBRADOIRO de Santiago de Compostela 12:00 Misa do Peregrino na IGREXA DOS FRANCISCANOS na Rúa Campillo de San Francisco 3 14:00 Xantar conxunto no PAVILLÓN MUNICIPAL “O RESTOLLAL” (Rúa de Emilio e de Manuel 2) COMO TODOS OS ANOS HABERÁ VENDA DE REFRESCOS 15:30 Representacións artísticas por parte dos usuarios/as dos distintos centros 18:00 Recollida e fin de festa
IMPORTANTE: Haberá servizo de autobús dende os distintos centros de Proxecto Home Galicia. Terá un custo de 10,00 € por persoa.Santiago: Rúa Cottolengo 2 ** Tlf. 981 573 020 Vigo: Avda. Ramón Nieto 245 ** Tlf. 986 374 646 Ourense: Pazo de Guizamonde s/n ** Tlf. 988 371 192 A Coruña: Rúa Ocaso 2 – Bastiagueiro – Perillo (Concello de Oleiros) ** Tlf. 981 295 432 Carballo: Helena 618 745 465
A continuación achegamos o plano da festa, tanto en imaxe como descargable en PDF:

Documentación:
Plano da Festa en PDF
|