24/06/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

 

PROXECTO DE RECUPERACIÓN DE ESTRUCTURAS ANEXAS NA COMUNIDADE TERAPÉUTICA DE PROXECTO HOME GALICIA, EMPRAZADA NO LUGAR DE CERNADAS, CONCELLO DE VAL DO DUBRA




O proxecto consistiu na rehabilitación das cubertas dos edificios anexos á Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en As Cernadas, Val do Dubra (A Coruña) e a dotación dunha cociña e servizos hixiénicos anexos á mesma.

Nestes edificios emprazaranse distintos obradoiros e outras dependencias. O obxecto último deste proxecto é mellorar as instalacións deste centro o que repercutirá na mellora calidade do servizo que se ven prestando aos usuarios que residen neste centro.

Realizáronse diferentes actuacións nas instalacións, co obxecto de ofrecer unha formación adaptada ás necesidades dos usuarios e que contribúan á reinserción dos mesmos na sociedade e no mundo laboral. As actuacións localizaranse nas zonas destinadas a “Cociña”, “Lavandería”; “Taller de Restauración e Conservación de Mobiliario”, “Taller de Mantemento”, “Aseos externos”.

1.- Zona Cociña: Dotouse o equipamento necesario para instalar unha moderna cociña, de cara a favorecer a aprendizaxe do oficio de cociñeiro, así como o manexo dos diferentes electrodomésticos co obxecto de formar ós usuarios no citado oficio.

2.- Zona Lavandería: realizouse o acondicionamento e equipamento dunha dependencia, para instalar a zona de lavandería, de cara a favorecer a ensinanza e a aprendizaxe do oficio, así como o manexo dos diferentes equipamentos por parte dos usuarios.

3.- Taller de Restauración e Conservación de Mobiliario” e “Taller de Mantemento” o obxecto de esta actuación, foi acondicionar e adaptar as dependencias, para desenvolver estes novos talleres, de tal maneira que faciliten a incorporación, ó mundo laboral dos usuarios.

4.- Rehabilitar unha zona de antigos “cortellos de animais” para instalar unha serie de aseos e vestiarios para ser utilizados por todo o persoal do Centro.

Todas estas reformas, contribuirán a consecución do Certificado de Calidade UNE-ISO 9001:2008. Ademais permitirá incrementar a oferta e a calidade dos servizos prestados, conseguindo unha maior eficacia na implantación dos programas que se desenvolven na Comunidade Terapéutica, en definitiva, contribuíndo a unha mellora do benestar dos usuarios.

 

INVESTIMENTO: 308.999,75 €
IMPORTE DA AXUDA: 193.681,04 €


Galería Fotográfica
          












 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020