18/10/2013
O Concello de Santiago colabora, mediante un convenio, coa Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home Galicia.
Este convenio establece os termos de colaboración entre as dúas entidades, no desenvolvemento dos programas de Cocaína e Terapia familiar, no centro que está entidade ten en Santiago de Compostela, Rúa do Cottolengo, 2.
O Concello de Santiago de Compostela e a Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home Galicia, en consonancia coa filosofía da diversidade, da igualdade social e da integración, teñen o propósito de dar estabilidade á colaboración que se vén producindo de maneira continuada entre ambas as dúas entidades, dado que a complexidade dos problemas sociais require da implicación de distintos colectivos no camiño de conseguir a xustiza e a igualdade social.
A través do presente convenio a entidade ofrecese ao Concello de Santiago como entidade colaboradora para acoller a persoas que están a realizar traballos en beneficio da comunidade como forma de integración social.
|