18/08/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Visita dos alumnos do Ciclo Superior de Integración Social

Visita do CIFP Compostela aos Centros de Proxecto Home


FOTO 14/04/2016 


O xoves 14 de abril, viñeron a coñecer a nosa entidade un grupo de 25 alumnos do CIFP Compostela de Santiago que están a estudar o Ciclo Superior de Integración Social. O grupo estivo acompañado por dous profesores.

Á visita comezou ás 9.30 h no centro que Proxecto Home ten na rúa Cottolengo, en Santiago de Compostela. María Carril, a coordinadora do centro de Santiago deulles una charla informativa sobre os distintos recursos de Proxecto Home Galicia. Explicoulles tamén como se atenden as distintas informacións que se reciben, tanto de usuarios como de familias, e como se realiza o protocolo de avaliación e diagnose previo ao inicio do programa.

A seguinte parada foi na comunidade terapéutica “As Cernadas”que está en Val do Dubra. Ao chegar foron recibidos polo coordinador Juan Carlos Permuy e pola profesora María Crespo. Despois de darlles a benvida, Juan Carlos Permuy faloulles do Programa tradicional e do traballo que se fai cos usuarios en comunidade. Ao rematar visitaron a casa e os exteriores. A 13.30h rematou a visita cunha foto diante da casa de todo o grupo.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          












 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020