18/10/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



A Xunta colabora con Proxecto Home para que os mozos e mozas do seu centro se formen en enerxías renovables


FOTO 05/05/2016 


O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou hoxe a Comunidade Terapéutica do Proxecto Home Galicia en Val do Dubra, onde informou a esta entidade sen ánimo de lucro sobre a proposta formativa e divulgativa en materia de enerxías renovables que van desenvolver o Inega e a Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia.

A iniciativa encádrase dentro do compromiso da Consellería de Economía, Emprego e Industria de impulsar as tecnoloxías que permiten fomentar a eficiencia enerxética. Neste caso concreto, a nova proposta educativa permitirá aos mozos e mozas que reciben atención terapéutica nas instalacións do

Proxecto Home Galicia, no lugar de Cernadas, obter formación en materia de enerxías renovables, ademais de progresar no obxectivo de converter a Fundación nun centro de referencia a nivel de educación ambiental.

Tahoces destacou que este proxecto formativo e divulgativo de carácter práctico permite non só formar aos participantes, senón que tamén supón ofrecerlles unha alternativa de proxección dentro do mercado laboral. Durante a reunión celebrada esta mañá, o director xeral de Enerxía e Minas explicou ao director da Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, que esta iniciativa, que conta cun orzamento de 150.000 euros, inclúe a selección e adecuación das instalacións para habilitar a aula de formación; deseñar e adquirir os medios técnicos necesarios para impartir as clases teóricas e prácticas; e elaborar os contidos dos cursos, a documentación necesaria e a selección do profesorado que se encargue de acercar aos mozos e mozas participantes ao mundo das enerxías renovables.

A Xunta vén colaborando de maneira activa coa Fundación Monte do Gozo, que atende diariamente unha media de 426 persoas e son preto de 2.800 as altas terapéuticas que finalizaron totalmente o seu proceso de rehabilitación e reinserción social. Así, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través

do Inega, xa participa con Ferroatlántica e a Fundación Villar Mir nun proxecto que fará deste centro de Val do Dubra a primeira infraestrutura galega capacitada para xerar un autoabastecemento enerxético 100% renovable.

Para acadar este obxectivo, ademais de realizar unha auditoría enerxética, encamiñada a conseguir unha primeira redución da demanda eléctrica do centro, xa se instalaron máis de 400 paneis fotovoltaicos, que se sumaron a unha caldeira de biomasa e varias estufas de pellets. A Comunidade Terapéutica logrou reducir xa a demanda anual de enerxía en máis dun 30% a través da renovación da súa iluminación, do sistema de calefacción e a optimización da eficiencia enerxética nos consumos de bombeo e das cámaras frigoríficas.

Este proxecto tamén facilitará a empresas, centros tecnolóxicos e universidades a realización de estudos de I+D+i sobre xeración distribuída, e permitirá afondar na xestión de hábitos de consumo e da demanda eléctrica.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020