24/06/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



Visita ao Museo de Historia Natural e ao Observatorio


FOTO 22/02/2017 


Este mércores os  alumnos da Comunidade Terapéutica “As Cernadas” que están a preparar a ESO tiveron unha saída didáctica ao Museo de Historia Natural e ao Observatorio Astronómico “Ramón María Aller”.

A primeira parada foi no Museo onde puideron gozar da Biodiversidade Terrestre Galega e mundial, da Xeodiversidade, da Edafodiversidade, da Biodiversidade mariña e da Exposición temporal sobre microscopios. Pablo Gómez profesor  voluntario de Ciencias fixo de guía.

Ao remate dirixíronse ao Observatorio onde os recibiu o director do Observatorio, José Ángel Docobo Durántez. Despois dunha charla sobre a historia do observatorio e do traballo que están a realizar puideron ver   Venus, estrelas dobres, a nebulosa de Orión e cúmulos de estrelas.

 Unha experiencia inesquecible e que lles permitiu poñer en práctica contidos que xa estudaran nas aulas, aquí o cicerone foi Antón Porteiro profesor voluntario de matemáticas.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          












 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020