18/08/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Celebrou onte a súa asemblea anual, na que se marcou como obxectivo alcanzar 4.000 socios

Asamblea anual da Asociación de Familias e Amigos de Proxecto Home


FOTO 01/04/2017 


Proxecto Home celebrou onte en Compostela a súa asemblea anual, unha reunión na que os socios aprobaron o resumo de gastos do ano pasado e o orzamento para o presente exercicio; e na que tamén se abordou a situación na que se atopan os diversos programas que a institución ten en marcha nos diferentes centros que xestiona.

Ramón Gómez Crespo, presidente de Proxecto Home Galicia, explicou en conversacións con este xornal que no encontro fíxose especial fincapé nos programas relacionados coas dependencias ás novas tecnoloxías, principalmente aos xogos online; e tamén nos vinculados á violencia de xénero.
 
Así mesmo, sinalou que se debateron de forma global os programas en marcha destinados á inserción laboral. "O noso obxectivo é que atopen traballo canto antes", subliñou Gómez Crespo.

Os asistentes á asemblea tamén puideron coñecer de primeira man o novo proxecto relacionado coas enerxías renovables que acaba de poñer en marcha a entidade e que ten como obxectivo achegar aos usuarios de Proxecto Home a este campo.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          












 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020