13/03/2018
O próximo martes 13 de marzo Proyecto Hombre presidirá un Evento Especial na 61ª Sesión da Comisión de Estupefacentes de Nacions Unidas en Viena, baixo o título “Promovendo o coñecemento das Comunidades Terapéuticas. Últimas evidencias, boas prácticas e investigación do seu potencial”.
Este Special Event centrarase nos últimos modelos científicos de Comunidade Terapéutica desenvoltos no terreo no que a tratamentos e coidados de drogodependencias se refire. Ademais, exporanse experiencias de campo de colegas de redes internacionais para complementar as investigacions científicas dende o punto de vista da calidade.
Será tamén a ocasión de presentar e discutir o deseño de estudios innovadores para medir e explorar o potencial dun modelo de CT máis axustado.
Documentación:
|