21/11/2018
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



XXVII Festa da Solidariedade


FOTO 08/09/2018 


Proxecto Home Galicia celebrou onte a sua xa tradicional Festa da Solidaridade, unha xornada de confraternidade que alcanzou a súa 26 edición e que tivo lugar na capital galega.

Encabezados polo director da entidade, Ramón Gómez Crespo, máis de 1.300 persoas déronse cita en Compostela dende a primeira hora da mañá para sumarse a este encontro, que deu comezo coa participación na Misa do Peregrino na Catedral de Santiago. A continuación, na Quintana, tivo lugar a lectura dun manifesto e tamén unha representación escénica sobre a loable labor que fai Proxecto Home, entidade que loita pola rehabilitación e reinserción social de persoas que dependen de calquer tipo de adicción.

Tras estos actos, celebrouse o habitual almorzo de confraternidade no Multiusos de Fontes do Sar, onde se congregaron más de 1.300 persoas. "Houbo que ampliar as mesas", explicou Gómez Crespo tras a festa, a vez que apuntou que o ambiente "foi estupendo dende principio a fin".

No almorzo conmemoruse o 25 aniversario da apertura do centro de Proxecto Home en Vigo. Neste contexto, fixose entrega de obsequios a varios voluntarios (algúns dende fai 22 anos) e exdirectivos pola súa entrega a causa da entidade na cidade olívica. A xornada finalizou con varias representacións artísticas por parte de usuarios dos diferentes centros de Proxecto Home.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          









 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020