13/11/2019
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

O director de Inclusión Social da Xunta ensalzou a labor solidaria da entidade

Proxecto Home celebra a sua festa anual


FOTO 16/09/2019 


Proxecto Home Galicia celebrou onte a sua xa tradicional Festa da Solidaridade, unha xornada de confraternidade que alcanzou a súa 28 edición e que tivo lugar na capital galega.

A convocatoria acudiron centos de persoas dos seus centros de Santiago, Vigo, Ourense e A Coruña, que participaron en actividades durante a mañá e dun encontro no Obradoiro a mediodía onde estiveron presentes o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, a concelleira Mila Castro Sánchez, e os edís Alejandro Sánchez-Brunete do PP, e Rafael Peña, de Compostela Aberta.

Durante o acto leuse un manifesto do Proxecto Home: "non nos imos render por difícil que sexa. Sabemos que esta loita lévanos cara un camiño de triunfo, que é sempre a nosa vida e a nosa familia."

Rematou o alcalde dándolles a benvida: "necesitamos unha implicación activa da sociedade para apoiar, para axudar, para chegar a onde non chega a administración. E o Proxecto Home é esencial en todo iso". O acto finalizou cun intercambio de agasallos.

Xa pola tarde a celebración trasladouse a sede de Proxecto Home e o pabellón municipal de O Restollal. O director xeral de Inclusión Social da Xunta, Arturo Parrado, destacou a labor solidaria que fai a entidade.
A xornada finalizou con varias representacións artísticas por parte de usuarios dos diferentes centros de Proxecto Home.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          










 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020