30/03/2020
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



A conselleira de Política Social, Fabiola García, vista Proxecto Home Galicia


FOTO 27/02/2020 


A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada polo director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou a sede central de Proxecto Home en Santiago de Compostela, onde salientou o labor da Fundación Monte do Gozo na reinserción social das persoas con adiccións.

A conselleira foi recibida por D. Ramón Gómez Crespo, Director de Proxecto Home Galicia e por D. Jesús García Vázquez, Presidente do Padroado da Fundación Monte do Gozo.

Despois de realizar un percorrido polo centro construído e equipado hai oito anos pola Fundación Amancio Ortega, mantivo un breve encontro co equipo terapéutico-educativo e coas persoas en tratamento e as súas familias.

Fabiola García gabou o traballo dos máis de setenta profesionais que forman parte da entidade e que atenden en Galicia a preto de mil persoas, oitenta deles neste centro, e que traballan día a día con eles para  construír unha vida autónoma e libre de adiccións grazas aos programas que desenvolven e que contan co apoio da Xunta de Galicia.

Así mesmo, a conselleira de Política Social fixo fincapé na necesidade de continuar loitando contra os estereotipos, a exclusión, a intolerancia e a discriminación a través da sensibilización da sociedade.

Nesta tarefa son moi importantes centros como este de Santiago de Compostela que conta con áreas de terapia ambulatoria, zona residencial, área administrativa, obradoiros e zona deportiva.

Neste sentido, Fabiola García, a conselleira de Política Social, tamén subliñou o papel que teñen os máis de 200 voluntarios que axudan desinteresadamente aos usuarios do Programa Proxecto Home.

O director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez, destacou pola súa parte a estreita colaboración da consellería de Política Social ao longo destes últimos trinta anos e que representa un pulo esencial na consecución dos obxectivos da organización, o mantemento de programas e a mellora de instalacións dos distintos dispositivos.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          






















 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020