10/07/2007
Aproveitando unha invitación de Ramón Gómez Crespo, Director de Proxecto Home Galicia, achegouse ata o centro de Vigo Pedro Borrajo Rivas, Delegado da Consellería de Traballo en Vigo.
A Consellería de Traballo ven colaborando coa Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia dende o ano 1994 principalmente no eido da Formación Ocupacional que tan importante é para favorecer que as persoas en tratamento nos nosos centros podan reincorporarse o mercado laboral coas mesmas posibilidades que calquera outra persoa. Ademais é un elemento educativo moi importante para os usuarios/as dos distintos programas.
O delegado visitou toda-las instalacións, prestando especial atención ós talleres onde se están a desenvolver os cursos nas súas distintas especialidades e tamén os obradoiros prelaborais.
Os participantes no taller de cerámica entregáronlle un agasallo realizado por eles mesmos.
Enlace web:
Galería Fotográfica
|