26/04/2007
Don Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegouse o centro de Proxecto Home Galicia en Pontevedra para facer una visita a este centro e coñecer de preto o traballo que se ven facendo dende o ano 2003 e firmalo convenio de colaboración do ano 2007.
Durante este acto o presidente da deputación resaltou o traballo que Proxecto Home ven facendo na cidade de Pontevedra o longo destes últimos catro anos, e animou as persoas en tratamento a continuar loitando por unha vida plena lonxe do mundo das adiccions.
Finalmente recorreu as distintas instalacions do centro, comprometéndose a atopar novas lineas de colaboración entre a Deputación e Proxecto Home Galicia que favorezan a mellora dos servizos.
|