26/09/2007
Iniciáronse os actos cunha misa de acción de grazas presidida polo Bispo de Ourense, Luís Quinteiro Fiúza. A continuación no salón de actos procedeuse á entrega das distincións, recollendo a outorgada a Proxecto Home Galicia o seu Director, Ramón Gómez Crespo. Este premio é froito do traballo que Proxecto Home Galicia ven desenvolvendo dende o ano 2001 neste centro penitenciario no que está a atender diariamente a 40 reclusos e reclusas, que inician este tratamento libre de drogas dentro do cárcere buscando unha saída ao escuro túnel no que están inmersos. Seguidamente, os mozos e mozas da Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria que xestiona Proxecto Home Galicia neste centro penitenciario, interpretaron unha pequena obra de teatro, cunha mensaxe esperanzadora e moi significativa para todos os presentes. Por último, a dirección do centro penitenciario convidou ás persoas asistentes a estes actos a un ágape no recinto do cárcere.
|