28/09/2007
A Asociación Proyecto Hombre, da que forma parte Proxecto Home Galicia, desenvolve, por motivos obvios de organización, algunhas das súas actividades por zonas xeográficas. A Zona Noroeste comprende os programas de Proyecto Hombre de: Galicia, Asturias, Cantabria, León, Salamanca, Valladolid e Burgos.
Co obxecto de preparar próxima asemblea da Asociación Proyecto Hombre e de tratar temas de interese común, xuntáronse en Ourense os presidentes desta zona. Tamén se reúnen, por separado, os responsables de formación dos respectivos centros para planificar accións conxuntas relativas á formación dos equipos terapéuticos.
Tiveron tamén ocasión de coñecer o recen inaugurado Pazo de Guizamonde, onde se atopa a sede de Proxecto Home Galicia.
|