17/10/2008
Dentro do Programa de Formación Permanente do Equipo Educativo-Terapéutico, Proxecto Home Galicia organiza dúas reunións anuais no que participa todo o equipo educativo-terapéutico dos distintos centros.
Nesta ocasión a xornada formativa celebrouse na Comunidade Terapéutica de Cernadas. Os temas centrais da reunión foron o programa de calidade e a presentación da nova carpeta terapéutica.
A presentación do tema de calidade correu a cargo de Charo Lema, responsable de calidade de COGAMI que realizou unha exposición sobre conceptos claves en calidade e da responsable de calidade de Proxecto Home Galicia, Aurora Vázquez, coordinadora da Comunidade Terapéutica de Cernadas (Val do Dubra) centro que se está a preparar para a obtención do certificado de calidade ISO 9001:2000.
Pola tarde, presentouse a nova carpeta terapéutica que se implantará o 1 de xaneiro de 2009. Este novo instrumento de recollida de datos facilitará, en boa medida, a recollida e procesamento destes.
|