10/11/2008
Dous representantes do Programa "Dereito á vida": Katerina, directora do proxecto e Anna, vicedirectora visitaron durante dous días distintos dispositivos de Proxecto Home Galicia en Santiago de Compostela co obxecto de a experiencia de programas existentes en Galicia e, especialmente, cuestións de prevención, tratamento e rehabilitación.
A tarde do día 10 de novembro estiveron na Comunidade Terapéutica de Cernadas (Val do Dubra) acompañadas do Director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo e por Agustín Dosil Maceira, Catedrático de Psicoloxía Evolutiva e da Educación na Universidade de Santiago, a través do que as dirixentes desta asociación rusa coñeceron o labor de Proxecto Home Galicia.
Percorreron todas as instalacións e mantiveron un emocionado encontro cos usuarios deste centro aos que transmitiron as súas impresións e a experiencia que ten a súa asociación en Rusia.
O día 11 visitaron o centro de Santiago de Compostela e, ademais de visitar as instalacións, mantiveron unha reunión coa coordinadora deste centro e coa terapeuta responsable de familias.
|