02/07/2009
O Conselleiro do Medio Rural, D. Samuel Jesús Juárez Casado, acompañado pola Directora Xeral de Innovación e Industrias Forestais, Alejandra Álvarez de Mon Regoe polo Director Xeral de Montes, D. Tomás Fernández-Couto Juanes chegaron a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en Cernadas, Concello de Val do Dubra.
A súa chegada foron recibidos polo Director de Proxecto Home Galicia, D. Ramón Gómez Crespo e polo Xerente da Fundación Monte do Gozo, D. Jesús García Vázquez quenes os acompañaron a facer un percorrido polas instalacions da Comunidade Terapéutica, suscitando especial interese as actividades relacionadas co convenio de colaboración que a Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home e a Consellería do Medio Rural manteñen dende o ano 1998: Invernadoiros e cultivos o aire libre, piscifactoría e silvicultura.
A continuación o conselleiro mantivo un pequeño encontro co equipo educativo-terapéutico deste centro e seguidamente, presidiu o acto de entrega dos diplomas os 60 alumnos participantes nos cursos de: Horticultura, Xardinería, O Cabalo: iniciación ao adestramento e Fruticultura. Neste acto tamén estivo presente D. Ángel Espadas Escanciano, voluntario e responsable desta área.
Inmediatamente despois o conselleiro entrevistouse cos usuarios do centro nun encontro distendido e finalmente os responsables da Consellería do Medio Rural compartiron a comida coas persoas residentes neste centro e co equipo educativo-terapéutico.
|