O PROGRAMA EDUCATIVO-TERAPÉUTICO
Otraballo a desenvolver pola persoa drogodependente
en Proxecto Home Galicia vai a ser, fundamentalmente un proceso de maduración
e crecemento personal que lle posibilite a integración e a resocialización
nas mellores condicions posibles.
Las estructuras coas que conta Proxecto
Home Galicia para desenvolver este proceso de maduración persoal
e que, dunha forma maíss o menos aproximada, se corresponden con
cada un dos estadios ou momentos polos que debe pasar a persoa
son os diferentes Modelos de Intervención Terapéutica.
Indice de Programas:
PROGRAMA DE REHABILITACIÓN E REINSERCIÓN SOCIAL PARA PERSOAS ADICTAS A OPIÁCEOS (PROGRAMA BASE): |
Este programa estrutúrase en tres fases: Acollida, Comunidade Terapéutica e Reinserción Social. Esta dirixido a determinados drogodependentes, homes e mulleres, que se caracterizan por estar fondamente desestruturados coma persoas, a consecuencia dun longo ou intenso uso abusivo de determinadas drogas.
A primeira fase, Acollida, e a última, Reinserción Social desenvólvense en réxime semirresidencial excepto nos casos que a súa situación persoal e/ou familiar precisen acollemento residencial. A fase de Comunidade Terapéutica desenvólvese en réxime residencial.
Modelo Teórico de Intevención
do Programa Tradicional:

PROGRAMA EDUCATIVO PARA XOVES E ADOLESCENTES:
|
Este modelo de prevención e intervención, educativo e de planificación, está orientado a mozos e adolescentes entre 14 e
16 anos, consumidores esporádicos de drogas ou con vivencias de risco, co el fin de paliar esta problemática e disminuir as suas conductas inadaptadas, para acceder así
a sua integración no seu medio social.
No último ano, rebaixouse a idade máxima de este programa de 18 a 16 anos, xa que cada vez con máis frecuencia, os mozos maiores de 16 años
son consumidores habituales de drogas tales como cocaína, hachís ou alcohol co que realiza una intervención específica e máis intensa situando a este perfil de usuarios no
Programa de Cocaína coma un grupo diferente dos adultos.
Modelo Teórico de Prevención
de Intervención do Programa Educativo para Mozos e Adolescentes:

PROGRAMA DE REHABILITACIÓN E REINSERCIÓN SOCIAL PARA PERSOAS ALCOHÓLICAS: |
Este é un programa integral para o tratamento de persoas con dependencia alcohólica.
A segunda fase, Comunidade Terapéutica, desenvólvese en réxime residencial. A primeira, Avaliación e Diagnose e a terceira, Reinserción Social desenvólvense en réxime semirresidencial, excepto nos casos que a súa situación persoal e/ou familiar precisen acollemento residencial.

COMUNIDADE DE DÍA (COMUNIDADE TERAPÉUTICA URBANA): |
Este programa é moi similar ao Programa Base. As maiores diferenzas radican en:
Estes centros atópanse en medios urbanos a diferenza da Comunidade Terapéutica Tradicional que, normalmente, emprázase nunha zona rural.
Desenvólvense as tres fases no mesmo centro, a diferenza do Programa Base no que a Comunidade Terapéutica é un centro independente.
Comprende e desenvolve a actividade terapéutica moi en contacto coa vida familiar e social das persoas que fan o programa, empregando ese mesmo contacto como canle e lugar concreto de traballo e consecución dos obxectivos terapéuticos.
En función da situación persoal ou familiar e das necesidades de cada usuario este programa pódese desenvolver en réxime residencial ou semirresidencial.

PROGRAMA DE REHABILITACIÓN E REINSERCIÓN SOCIAL PARA PERSOAS ADICTAS A PSICOESTIMULANTES (COCAÍNA E OUTRAS DROGAS): |
En liñas xerais o Programa de Cocaína, está dirixido a aquelas persoas consumidoras fundamentalmente de cocaína, que manteñen a súa estrutura familiar, social e laboral, ou é susceptible de recuperar estas redes sen demasiadas complicacións e cun nivel de adicción que poida permitir a ruptura co mundo das drogas dentro dunha nova perspectiva de acceso ó traballo e de responsabilización da súa vida desde o primeiro momento. Con isto queremos dicir que nalgúns casos, aínda que se trate dunha adicción á cocaína, o seu perfil non nos vai a permitir traballar desde este programa e se necesitará un paso previo polo programa base. O tratamento estrutúrase en tres fases: Fase I, Fase II e Fase III e desenvólvese en réxime semirresidencial.
Modelo Teórico de Intervención
do Programa de Cocaína

PROGRAMA DE REHABILITACIÓN PARA PERSOAS LUDÓPATAS: |
Este programa está orientado a usuarios con problemas de adicción ao xogo (lotarías, máquinas, bingo, comecartos, ...), maiores de idade e que se viron afectados pola súa adicción na súa integración social, laboral e familiar.
O obxectivo principal deste programa é acadar que o usuario reprima á adicción ó xogo e reoriente o protagonismo activo no seu mundo social, laboral e familiar.
Desenvólvese en Ourense dende o ano 2000 en réxime ambulatorial, segundo os casos.

COMUNIDADE TERAPÉUTICA INTRAPENITENCIARIA: |
Este Programa pretende favorecer o proceso de rehabilitación persoal dos reclusos drogodependentes beneficiarios do programa para conseguir a derivación a un recurso asistencial extrapenitenciario e acadar, así, a súa inserción social, laboral e familiar.
A Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria é un vello sono de Proxecto Home Galicia, que no ano 2001 converteu en realidade. Estase a desenvolver, obviamente en réxime de internado, nun módulo independente do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar (Ourense).
Este programa desenvólvese seguindo unha estrutura similar ao Programa Tradicional pero a estadía no mesmo esta condicionada pola situación xudicial e penitenciaria dos usuarios.
Modelo
teórico de intervención:

Centro de Acollida Inmediata "O Meu Lar" |
Este programa, hai que consideralo coma unha etapa
inicial no tratamento en sentido amplio, necesario pero non suficiente para completar unha rehabilitación
e reinserción social a longo prazo. E unha etapa terapeutica previa o seu ingreso nun centro de Acollida
para que o usuario poida prescindir do consumo, tanto con métodos farmacolóxicos como non farmacolóxicos,
facilitando así o usuario iniciar posteriormente un proceso de rehabilitación e reinserción social nun
centro de Proxecto Home Galicia.
Este centro tamén dispon dunha Comunidade Terapéutica
para o tratamento da dependencia alcohólica.
PROGRAMA "ACOUGO" DE PATOLOXÍA DUAL |
OPrograma "ACOUGO" de Rehabilitación e Reinserción Psicosocial de Adictos con Patoloxía Dual ou Deterioro Cognitivo Severo é un modelo de intervención psicosocial que pretende garantir, ós beneficiarios afectados por esta problemática, mellorar a súa situación e normalizar na medida do posible a súa vida.
Por outra banda, o programa ofrece cobertura social das necesidades dos familiares destas persoas que levan anos soportando as dramáticas consecuencias de ter un familiar con problemas de toxicomanías, asociado a unha patoloxía psiquiátrica.
Os beneficiarios deste programa son toxicómanos que están recibindo tratamento en centros de Proxecto Home Galicia e que, como consecuencia desta adición e doutros problemas asociados, presentan un deterioro das súas capacidades cognitivas, dificultando a súa autonomía persoal.
|