13/12/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 
Presentación
---

 

inicio Comunidade Terapéutica de As Cernadas (Val do Dubra)



Proxecto Home Galicia é un Programa Educativo-Terapéutico que se propón promover o desenvolvemento e maduración do individuo para que acade ou recupere a súa plenitude e sexa protagonista da súa propia vida.

Como Programa Educativo-Terapéutico que é, Proxecto Home Galicia centra o problema do toxicómano non na droga, senón na persoa. Dende ahí entende a rehabilitación como un proceso de crecemento persoal de cara á propia autonomía, a través dunha dinámica de comunicación interpersoal e de autoaxuda, e a interiorización dos valores humanos máis fundamentais que dan sentido á vida. Dirixe a súa atención tamén ás familias. Como programa específicamente educativo, se direrenza de outros programas orientados á desintoxicación e deshabituación de índole sanitaria. Por iso, se define tamén como un programa libre de drogas.

Un dos principios fundamentais de Proxecto Home Galicia é a gratituidade. Nace e se mantén como un servizo desinteresado e solidario ás persoas adictas, ás súas familias e a sociedade en xeral. Neste sentido se define como apartidista e aconfesional.

Proxecto Home Galicia, forma parte da Asociación Proyecto Hombre, de ámbito nacional, xunto con outros vintecinco programas repartidos por toda a xeografía española. Os programas integrados nesta Asociación son independientes xuridicamente e teñen economías e administracións separadas.

O obxectivo último do Programa é a total rehabilitación e reinserción social da persoa adicta, na que todos somos, dunha forma ou de outra responsables, e todos, debemos implicarnos solidariamente e comprometernos en atallar esta lacra social que son as adiccións

Proxecto Home Galicia leva 25 anos traballando en Galicia, no eido da rehabilitación e reinserción social de persoas con todo tipo de adiccións. Na actualidade contamos con miles de Altas Terapéuticas froito dos nosos programas que están a desenvolver unha vida normal, totalmente alleos ás adiccións. Estas altas terapéuticas, amosan a fiabilidade e profesionalidade co que desenvolvemos o noso traballo.

          














 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020