Nos últimos anos, vimos observando
una crecente demanda de atención por parte de adolescentes e das
suas familias e,por iso, puxose en marcha, no ano 1997,
un Programa para mozos e adolescentes na ciudade de Ourense.
Por outra parte, recibimos peticions constantes,
por parte de todolos axentes sociais, para participar en charlas, seminarios,
foros... dirixidos a persoas de todolos ámbitos sociais, e
como obxeto de incidir na prevención e sensibilización
da población en xeral, no consumo de drogas e conductas
asociadas.
Surxe así, dende a Asociación Proxecto
Home, coa idea de unifica-los esforzos que vimos facendo no ámbito da prevención, especialmente no medio escolar
e familiar. Para isto, diseñouse un Programa de Prevención
Escolar e Familiar chamado "ENTRE TODOS".
"Entre Todos" representa unha aproximación
a prevención, e centrase principalmente nos factores sociais
e psicolóxicos que empuxan os adolescentes a involucrarse en
conductas problemáticas, como o consumo de drogas. O obxeto do
programa consiste en mellorar a competencia persoal dos adolescentes
a través do aprendizaxe de certas habilidades (formas de resisti-la presión social cara o consumo, estratexias para solucionar
problemas interpersoais, formas de enfrentarse a ansiedade, adestramiento
en estratexias conxestivas, etc
) Tanto a Delegación do
Governo para o Plan Nacional sobre Drogas (DGPNSD), como a Subdirección
Xeral de Formación do Profesorado (SGFP) avalan a nosa iniciativa
na nosa Comunidade Autónoma tamén o Plan de Drogas
de Galicia da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
respaldan a posta en marcha deste programa.
Proxecto Home Galicia articula o traballo no
entorno da Prevención col Programa de prevención "Entre
Todos" que se executa con alumnos de 1º e 2º da E.S.O.
e que busca involucrar na tarea de prevención do consumo de
drogas e alcohol os axentes que en maior medida influyen na educación
dos mozos: os pais e os profesores, e por suposto o
propio mozo.
Este programa foi instaurado a nivel nacional no ano 2000, en Galicia, traballouse ese mismo ano
como experiencia piloto en Centros de Educación Secundaria das
cidades de Lugo e Ourense, ampliándose no ano 2001 as cidades de Santiago de Compostela e Vigo.
|