20/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 
Voluntariado
---

Importancia

Areas

Perfil


A REALIDADE DO VOLUNTARIADO

Calquera que se achegue a un centro de Proxecto Home Galicia, atoparáse sempre cun bó grupo de Voluntarios ofrecendo o seu tiempo e as suas capacidades e habilidades específicas, para que ol traballo de rehabilitación levado a cabo por cada residente poida chegar a ter éxito.

En Proxecto Home Galicia a responsabilidade terapéutica última do proceso de rehabilitación recae sempre sobre o residente, que se enfrenta coa importante tarefa de refacer a fondo a sua vida. Nembargantes este esforzo para o cambio nunca chegaría a bó porto se o residente non tivese o seu carón persoas que contribuyan razoablemente ó éxito final. O equipo terapéutico, as familias e o grupo de voluntarios forman este conxunto pontenciador que facilita que o residente afronte con firmeza a responsabilidade que lle corresponde.

O PORQUÉ DO VOLUNTARIADO EN P.H.

Se tivesemos que razonar o porque da presencia do voluntariado en Proxecto Home Galicia, atoparíamonos fácilmente cunha boa cantidad de argumentos que barallar.

Proyecto Hombre nace en Italia na década dos 70 gracias a disponibilidade dun conxunto de voluntarios que queren dar unha resposta solidaria a xuventude de Roma que se estaba adentrando destructivamente no mundo das adiccions. O voluntariado hoxe, en Proxecto Home Galicia non fai máis que continuar con esa dinámica de disponibilidade, imprescindible para encararse firmemente coa problemática das dependencias.

Por outra parte o residente que se atopa facendo o Programa de Rehabilitación ve no voluntario un modelo pola sua labor altruista e desinteresada, convirtíndose nun forte apoyo e unha axuda de cara a conseguir a rehabilitación do drogodependente.

Non hay voluntariado en Proxecto Home para aforrar ante a carencia de apoios económicos suficientes, ainda que si é certo que o voluntariado permite uns aforros considerables. Hay voluntariado en Proxecto Home Galicia dende a filosofía de vida que a acción solidaria é de incomparable valor para poder erguer vidas, e non chega con dicilo, é necesario garantizalo na práctica. O exemplo de vida do voluntario fai que o servizo concreto que ofrece adquira toda a sua densidade.

Para Proxecto Home Galicia o voluntariado ten unha importancia vital, pero tamén somos conscientes de que para que este conxunto de voluntarios desenrole a sua labor dunha forma plena e satisfatoria, e preciso darlle un espazo de formación e de coñecemento da realidade de Proxecto Home Galicia, ademáis de fomentar a relación entre os voluntarios e o Equipo Terapéutico.

Aspectos como a filosofía e a forma de traballo de Proxecto Home Galicia, as drogas e os seus efectos nas personas, ou temas relacionados coa Terapia Familia de Proxecto Home, son puntos nos que se incide para mellorar a capacidade do voluntariado a hora de colaborar con nos.

A formación do voluntariado en Proxecto Home Galicia estructurase a través dun ano académico (Septembreo-Xuño), e comprende diversas actividades de formación encamiñadas a conseguilo cumprimento dos obxectivos previstos.

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020